Profesionalización

Dende a Asociación Profesional CRG, queremos fomentar o crecemento dun sector e desenvolvemento de proxectos e programas máis completos de protección, conservación e restauración. A complexidade dos mesmos, e a multidisciplinariedade que precisa, require do entendemento entre diferentes profesionais que participan das distintas facetas e peculiaridades dos bens constituíntes do noso patrimonio cultural.

Partindo desta base, e tendo en conta as nosas obrigas como conservadores – restauradores, pensamos que é importante traballar ó carón dun código ético que vaia da man do cumprimento da lexislación vixente, para poder obter competencias de mellor calidade.

A elaboración e desenrolo de estratexias, programas e informes é a base principal do noso traballo e proporciona decisións relevantes que axudan  á comprensión e ó entendemento das necesidades que se precisan desenvolver sobre os bens a tratar.