
A ASOCIACIÓN PROFESIONAL CRG DA CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA constituíuse o día 3 de xuño de 2011 na cidade de Santiago de Compostela. Ten por finalidade promover, defender e divulgar a actividade profesional da conservación e restauración, fomentar a boa praxe no exercicio da profesión e o obxectivo de acadar unha mellor protección e recuperación do patrimonio cultural de Galicia favorecendo a súa transmisión a xeracións futuras.
O ámbito de actuación natural é o da á comunidade autónoma de Galicia, onde se inscribe o día 5 de maio de 2014.
Confórmase a asociación ó amparo dunha profesionalidade contrastable, unha titulación superior reglada e un Código Deontolóxico destinado a garantir unhas intervencións de calidade, as boas prácticas e a responsabilidade fronte á sociedade.