ESTEO Técnica na conservación e restauración S.L. é unha empresa que se adica á Protección, Conservación e Restauración de Bens Culturais dende o ano 1999. O obxectivo esencial da mesma é preservar para o futuro os bens culturais que nos definen e identifican ó longo da historia e así se poidan transmitir ás xeracións futuras para a súa lembranza e deleite.
A súa actividade principal é o estudo, diagnóstico, proxección e execución de intervencións de conservación e restauración sobre bens culturais, especialmente retablos e imaxinería, pinturas murais, cruceiros, petos de ánimas… así como a conservación, restauración e rehabilitación de bens inmobles: portadas, fachadas, decoración escultórica da arquitectura, estruturas de madeira (artesoados, forxados, cubertas…).
Con esta finalidade traballa co persoal cualificado e titulado en conservación e restauración de bens culturais nas distintas especialidades e cun decidido compromiso de respecto ó patrimonio e en continuo proceso de actualización.
Co mesmo motivo, e co afán de prestar os mellores servizos posibles, procura a formación e capacitación para abordar a conservación preventiva dende un plano práctico e integrado nas súas intervencións abarcando, de ser o caso, o emprazamento e entorno inmediato do ben. Así ten a habilitación para arestauración arquitectónica e é unha Sociedade Colaboradora en Materia de Rehabilitación inscrita no Directorio de Axentes Colaboradores en Materia de Rehabilitación, do Instituto Galego de Vivenda e Solo, da Xunta de Galicia (Números de inscrición: II-001/14 e III-001/14) e, por outra parte, integra os servizos dos oficios especializados como Obradoiro Artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Dirección Xeral de Comercio, Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.
Esteo Técnica na Conservación e Restauración S. L. en cumprimento dos requisitos previstos nos apartados 1 e 2 do artigo 4 da Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no Sector da Construción, inscríbese no Rexistro de Empresas Acreditadas.
Contacto: esteotecnica@hotmail.com
Espazo web: https://www.facebook.com/esteotecnica/