Conservación do patrimonio

Dende a asociación CRG, pensamos que o noso patrimonio cultural é moi valioso e necesario. Atopámonos diante dun legado que se nos mostra de tal xeito que nos permite crear vínculos importantes entre pasado, presente e futuro, e forma parte do noso acervo cultural que favorece a cohesión entre comunidades.

Debemos mantelo sempre vivo, xa que non é substituible.

Para lograr a permanencia e a protección das diferentes manifestacións culturais e artísticas, precísanse procesos de investigación completos nos cales a figura do conservador – restaurador xoga un papel importante. Esta disciplina encargase do deseño, xestión e documentación das accións encamiñadas á estabilidade dos bens culturais.