Poderán ingresar na asociación todas aquelas empresas ou profesionais que reúnan as condicións establecidas nos Estatutos.
Información e documentos que deberá aportar o interesado/a:
Profesional autónomo:
- Nome completo e DNI.
- Enderezo e correo electrónico.
- Titulación oficial en conservación e restauración.
- Alta e vixencia do imposto de Actividades económicas (IAE).
- Recibo do pago do último mes de autónomos
Sociedades mercantís:
- Denominación social e CIF.
- Enderezo e correo electrónico.
- Nome completo e DNI do representante.
- Acreditación da personalidade do representante: certificación acreditativa da elección nominativa da persoa que actuará en nome da sociedade e da súa condición (socio: escrituras, persoal laboral: documento de relación Nominal de traballadores -RNT-).
- Titulación oficial en conservación e restauración. No caso de non corresponderse coa persoa representante débese acreditar a súa condición (socio:escrituras, persoal laboral: documento de relación nominal de traballadores -RNT-).
- Alta e vixencia do imposto de actividades económicas (IAE).
- Certificación de non ter débedas coa seguridade Social.
Todos os socios deberán ademais:
- Ter o compromiso de actualizar a documentación aportada no caso de que algúns dos seus datos cambie.
- Aceptar os estatutos da asociación.
- Aceptar o código Deontolóxico.
- Conseguir aval de dous socios (poderáse solicitar na reunión de presentación).
Consultas.
Para obter máis información sobre algún dos puntos mencionados ou facer algunha suxerencia, pode enviar a súa consulta ó correo crg.asociacion@gmail.com ou cubrir o formulario máis abaixo.
Solicitar alta de socio.
Se quere darse de alta como socio, pode cubrir o seguinte formulario e porémonos en contacto con vostede na maior brevidade posible.