A plataforma de Asociacións Profesionais da Conservación -Restauración de España (PAPCRE) apoia o Día Internacional Da Muller.

O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO, SEN ELAS, NON SE RESTAURA.

En 1975, Nacións Unidas institucionalizou o día 8 de marzo como Día Internacional da Muller. Por iso as persoas que exercen a profesión de conservador-restaurador, maioritariamente mulleres, queren apoiar a causa, darlle pulo e visibilizala neste día. Diste xeito, as asociacións profesionais da PAPCRE queren reivindicar a igualdade dos seus dereitos, integrados na defensa dos dereitos humanos, e a obriga de medidas compensatorias no caso de situacións de desigualdade, segundo recoñecemento dado polo artigo 9.2 da Constitución, o artigo 17.1 do Estatuto dos Traballadores e a Recomendación 84/635 do Consello da Unión Europea.

Como profesión do patrimonio cultural, a actividade de conservación-restauración debería considerarse de interese social, tal e como indican as últimas recomendacións europeas o respecto. Neste sentido, mulleres e homes da profesión compartimos unhas carencias comúns derivadas da ausencia da regulación profesional.

Nosa realidade indica que a maioría das persoas que estudaron e se adican á conservación-restauración dos nosos bens culturais son mulleres, trátase polo tanto dunha profesión en feminino. Unha grande parte dos integrantes da asociacións adheridas á PAPCRE, son mulleres. 

Todos tivemos a mesma liberdade para escoller estudar a nosa profesión, temos as mesmas obrigas e oportunidades, o mesmo recoñecemento e os mesmos obxectivos profesionais, pero temos obstáculos diferentes. Por iso é oportuno a loita pola equidade para ter todos as mesmas facilidades oportunidades promovendo:

O empoderamento da muller en todos os traballos e postos de responsabilidade, a defensa e respecto ante as irregularidades e inxustizas que limitan á muller no seu desenvolvemento vital e profesional.

Unha protección no traballo da conservadora-restauradora embarazada e pola súa reincorporación trala baixa por maternidade. 

Que a conservación-restauración sexa unha profesión de futuro.

Dende as asociacións adheridas á PAPCRE queremos celebrar o Día da Muller Traballadora felicitando a todas as conservadoras-restauradoras, nun colectivo cunha tendencia feminina predominante, que coa súa profesionalidade e dedicación velan polo noso Patrimonio Cultural.

Enlace o comunicado de PAPCRE 2020

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *