
Dende CRG queremos anunciar a posta en marcha da nosa web, que pretende converterse nunha ferramenta de comunicación para todas as empresas e profesionais vinculados o sector da restauración e conservación de bens de interese cultural dentro da comunidade galega.
E que mellor día que hoxe, 14 de Octubro, Día Europeo da conservación- Restauración, para compartir esta nova andadura onde esperamos unir forzas para defender e promover o traballo multidisciplinar co fin de contribuír o progreso e o bo funcionamento deste sector.
Gustaríanos aproveitar esta nova, para facer un chamamento a todas as empresas e profesionais interesados en formar parte desta entidade. Dende CRG pensamos que esta pode ser una oportunidade única para mostrar a xente una visión real do noso traballo, favorecendo e aumentado o respecto polo patrimonio tan rico que temos.